Dejo aquí una información (un poco justa de tiempo, lo se) sobre un curso que organizan el MARCO y el COAG de Vigo, por si a alguien le interesa.
http://www.coagvigo.es/gl/taboleiro/xentes-espazos-e-lugares-marco-vigo-coag
Do 4 novembro 2008 ao 23 maio 2009
‘Xentes, espazos e lugares’ é un curso organizado conxuntamente polo COAG, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e o MARCO, coa colaboración de Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo, que se enmarca no convenio de colaboración asinado pola Delegación do COAG en Vigo e a Fundación MARCO.
Coordinado por Xosé Manuel Rosales, este curso busca ofrecer unha visión multidisciplinar dos espazos que habitamos, contando coa visión que distintos especialistas –arquitectos, urbanistas, antropólogos, artistas plásticos, xeógrafos…– poden achegar sobre como foi e como é nosa relación creadora/destrutiva co ámbito e cos espazos que habitamos ao longo do tempo.
Información xeral
‘Xentes, espazos e lugares’
Organiza: COAG e MARCO de Vigo, coa colaboración de Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo
Coordinador: Xosé Manuel Rosales Noves
Datas: do 4 de novembro 2008 ao 23 de maio 2009
Nº sesións: 26 (descontados festivos e outros eventos)
NOTA: por coincidir con festivos e outros eventos, non haberá curso nas seguintes datas:
25 e 30 decembro, 6 xaneiro, 7 abril
Lugar: Salón de actos
Horario: todos os martes, de 19.30 a 21.00 NOTA: por necesidades técnicas e de contido, as sesións 3 (Audiotopías) e 8 (As feridas do territorio) comezarán ás 19.00
Prazas limitadas. Inscrición e matrícula a partir do martes 7 de outubro
Prezo de matrícula:
180€ (desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO, estudantes acreditados e membros colexiados do COAG, coa posibilidade de pago fraccionado nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición.
vía: COAG Vigo



